AULAS CON BLOGUES

imagen Agora que xa somos uns expert@s nesto dos blogues: Publicamos post, administramos usuarios, moderamos comentarios…. queda por facer a parte máis importante:

INTEGRAR OS BLOGUES   CCMC NAS AULAS.

Na próxima sesión adicaremos un tempo a esta cuestión, ofrecéndovos unha Guía Xeral  de Boas Prácticas  moi interesante, pero na que non van quedar reflectidas tódalas dúbidas que poden xurdir nin tódalas ideas que podedes levar á práctica.

Con este obxectivo publicamos este post onde  podedes compartir , a través dos comentarios, dúbidas e suxestións con nós para tratalas na próxima sesión.

Animádevos a deixar en comentarios tódalas achegas, dúbidas, ideas, inquietudes … que poidades ter.

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.

5 Responses to AULAS CON BLOGUES

  1. curso16 di:

    ¿como aseguramos que a materia de CCMC non queda baleira de contidos ó tratala a través do blogue?
    ¿como aseguramos que o alumno comprende o tema/materia que se traballa, e non se limita a copiar, pegar e adornar?

  2. curso17 di:

    Se temos libro de texto podemos plantexarlles que teñen que facer obrigatoriamente unha ou dúas entradas por cada tema que se traballe na aula, por exemplo.

    Para avalial@s podemos empregar as rúbicas, ou tamén nós os profes facer unha entrada cunha serie de cuestións sobre o tema, para que contesten.

  3. curso17 di:

    Dúbida práctica:
    se o alumnado elaboran presentacións, imaxes, videos…..para editalos, terian que darse de alta en cada un dos servidor/páxinas -slideshare, youtube,……? ou seria máis practico que fose o profe o que subise ó servidor os materiais???

  4. susana di:

    O uso dunha plataforma virtual non da nin máis nin menos valor a unha actividade, é máis, permítenos desenvolver competencias difíciles de avaliar en outros soportes como a TIC, autonomía persoal e a de aprender a aprender.
    Pola nosa experiencia, case podemos afirmar que o traballo nun blog non induce tanto ó copia e pega por varios motivos:é moi fácil identificar a copia (copio un anaco de texto e o meto en google entre comiñas, por outra banda os compañeiros se eso ocurre poden identificar o plaxio ( é normal que ocorra isto).
    De tódalas formas todo depende do tipo de actividades que propoñamos, por exemplo vos mostraremos na sesión do sábado, unha webquest onde os rapaces deben facer un labor de indagación.
    Podemos traballar diferentes linguaxes e competencias que nun exame ordinario sería imposible de facer (traballos con vídeos, imaxes, etc)..os sorprenderá o que son capaces de facer e a motivación que lles supón traballar nun medio colaborativo.
    Podedes tratar a diversidade (con exercicios ou post para os que menos saben, con actividades que se adaptan máis a un tipo de chavales que a outros…) e a heteroxeneidade (por que non facer un concurso de microrelatos sobre a orixe da vida onde teñan que utilizar unha serie de datos “síntese prebiótica, panspermia….; para que traballen as tres dimensións da competencia no medio físico: alfabetización científica, acostumarse aos métodos e linguaxe das ciencias e se o propomos na tarefa. a terceira dimensión da competencia: os valores na Ciencia

  5. susana di:

    Curso 17: Aos rapaces maiores encántalles formar parte de redes sociais, a maioría están dados de alta en Youtube etc, é máis cómodo para nós. No caso en que algún non teña Internet a colgamos nós. Eu por exemplo fixen unha actividade onde só colgaba os mellores traballos e iso facíao dende a miña sesión de Slide

Deixa unha resposta