Entrando en materia

 

Pronto chegará o material de Climaeucambio aos vosos centros e, dende ese momento, iremos publicando semanalmente actividades relacionadas coa competencia dixital para cada uns dos temas das unidades didácticas.

De momento, unha secuencia posible de actuación é invitar ós rapaces e rapazas a que leven as aulas artigos ou noticias da rede relacionadas co tempo e co clima. Deste xeito iredes recompilando material e, por outra banda, motivando aos estudantes a empezar o proxecto.

Dende os blogues, podedes animalos a desenvolver actividades puntuais como unha  sopas de letras sobre o tempo ,  exercicios de asociación sobre os tipos de clima ou a coñecer o estado do tempo en calquera punto da comunidade  galega  en Meteogalicia ou  do mundo en Weather.com

Deixádenos as vosas suxestións e algunha idea sobre o tipo de recursos que vos gustaría utilizar e, dende o Blogue Guía, faremos o posible para atopalos .