Comunidade CCMC

imagen Simulando aos coacervados da Teoría de Oparín, esta “protocomunidade “de mestres de CCMC que está nacendo , necesita do asociacionismo para crear  unha verdadeira comunidade virtual onde cada un aporte os seus saberes.
Como tarefa para estes días, e , aproveitando que mañá estamos de curso,podemos empezar por compartir os recursos que estamos utilizando nas aulas e que, de paso, nos van servir para crear os nosos primeiros post. Ahí van algúns exemplos:
Galería de imaxes Hubble: Que mellor forma de explicar a súa grandiosidade?
Nasa en español: O día a día de un astronauta pode ser un bo aperitivo para entrar en materia…
Por la boca muere el pez: O blogue do director do Planetario de Pamplona, un dos máis grandes divulgadores da astrofísica.
Astronomía para todos: Un recurso para atender a diversidade da aula.
Animación en vídeo sobre a orixe da Terra
Vídeo sobre os fumeiros negros
Exercicios de autoavaliación sobre a orixe da vida: Animade aos rapaces e rapazas a que consoliden os seus coñecementos nos blogues de aula.
E vós : Que achegades?. Animádevos a deixar os vosos enlaces favoritos sobre este tema nos comentarios deste post.

Esta entrada foi publicada en Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.