Ciencia vs. Ficción

Hoxe, aproveitando  o que xa aprendemos sobre ligazóns no curso do sábado, imos engadir unha nova categoría de ligazóns: Ciencia e Ficción, polo efecto motivador que a literatura e o cine de ficción ten nos nosos rapaces e rapazas.
Para inaugurala ligaremos co blogue Ciencia vs. Ficción onde se tenta explicar conceptos científicos e tecnolóxicos a partir de películas de tódolos tempos.
E xa que estamos co tema do Universo :  Por que non empezar con Contact, adaptación da novela do mesmo título de Carl Sagan?
Na páxina do Crítico Científico podedes  facervos unha idea da multitude de actividades que podedes sacar das distintas escenas da película.


Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta