Semana dos Nóbeles

Como cada ano por estas datas, aparecen nas noticias os nomes dos galardoados e galardoadas  cos coñecidos premios.
Nobel de Mediciña:

Onte se recoñecía o traballo de  Harald zur Hausen, de Françoise Barré-Sinoussi  e Luc Montaigner  : o primeiro , ao investigador do Centro Alemán de Investigación do  Cancro de Heidelberg polo  descubrimento de que o virus del papiloma humano (VPH) causa cancro de cérvix nas  mulleres ;  e o  segundo medio premio recoñece o descubremento do virus de inmunodeficiencia humano (VIH) ó grupo do Instituto Pasteur.
Cabe destacar que o Nobel destaca o labor da doutora  Barré-Sinoussi, un feito que non deixa de  sorprendernos como primeiro paso fronte a invisibilidade das científicas nas mencións dos traballos premiados (Leer: En Homenaxe a Rosalind Franklin,a nai da xenética de Glenys Álvarez)

Nobel de Física:

imagen

Hoxe fíxose público: A Academia das Ciencias Sueca premiou o traballo de tres científicos de orixe xaponés polos seus estudos sobre as simetrías que foron determinantes para a comprensión da física subatómica e a composición da materia.
Por unha banda, outorgou o premio  a Yoichiro Nambu, do Instituto Enrico Fermi da Universidade de Chicago,  pola descuberta  do mecanismo de ruptura espontánea da  simetría na física de partículas; e pola outra,   a Makoto Kobayashi da Organización de Investihgacións de Altas Enerxías (KEK) de Tsukuba (Xapón),  e a Toshihide Maskawa, do Instituto Yukawa de Física Teórica da Universidade de Kyoto (Xapón), ao descubrir a  orixe  da ruptura de simetría que predí a existencia de polo menos tres familias de quarks na  natureza.

O tema da para moito nas clases de CMC:

  1. Debate nos blogues sobre diferentes temas: A forma en que se desenvolve a investigación científica, as repercusións  das descobertas na sociedade, as loitas de poder entre científicos ( ver a vella loita entre Gallo e  Montaigner)
  2. Pequenas investigacións na rede sobre a marxinación das científicas ao longo da historia.
  3. Publicacións de post curtos sobre a vida dos galardoados.
  4. <?> Que outros temas suxerides?
Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.