Cómo avaliar en CCMC?

O sábado pasado falabamos no curso de competencia dixital sobre a necesidade de aclarar os métodos de avaliación da actividade dos rapaces e rapazas nos blogues de CCMC e de facer unha choiva de ideas dende os comentarios no Blog Guía CCMC.
Tal e como prometín, abro o debate :
Está claro que nesta nova disciplina non podemos seguir aplicando os mesmos criterios de avaliación tradicional, do mesmo xeito que tampouco imos traballar coa mesma metodoloxía. Por outra banda, aspectos como a heteroxeneidade do alumnado e os propios obxectivos de CMC e da LOE , diríxennos a unha avaliación por competencias que seguramente xa faciamos, pero sin aplicar uns ítems concretos.
As rúbricas de avaliación constitúen unha ferramenta axeitada para facilitarnos a avaliación e axuda aos estudantes a saber como van ser avaliados.
Aquí vos deixo algúns exemplos:
Exemplos escollidos de rúbricas de avaliación ( presentación oral, investigacións, traballos escritos, proxectos de aula..)
Rúbrica de avaliación de un blog de aula
Rubistar: Aplicación para elaborar rúbricas de avaliación
E para empezar ca nosa particular choiva de ideas;
Que ítems incluiriades nestas rúbricas?
Eu propoño a primeira: Por exemplo para a avaliar a argumentación, nunha escala de 1 a 4 :

  1. Mostra incoherencia e non xustifica as ideas.
  2. Mantén a coherencia en menos do 50 % dos casos.
  3. Mantén a coherencia nas explicacións na maioría dos casos.
  4. Argumenta todas as ideas que expón.

<?> Que outros exemplos propoñedes?

Imaxe: Blog Nodos Ele 

Esta entrada foi publicada en Didáctica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Cómo avaliar en CCMC?

  1. curso17 di:

    Eu propoño a segunda: Para avialiar a creatividade, nunha escala de 1 a 4:
    1. Copia modelos, esquemas, imaxes.
    2. Copia algún modelo, algún esquema, imaxe,e crea algún da súa propia colleita.
    3. É algo crativo:Crea máis modelo, esquemas e imaxes das que copia.
    4. E totalmente creativo: e todo innovación nos esquemas, modelos, imaxes son únicos e diferentes.

  2. curso11 di:

    Como unha das cousas que vimos o sábado no curso CCMC, un dos items que poderían incluirse sería: “Avaliar a utilización de lligazóns”
    1. uso das ligazóns incorrecto e sin oherencia
    2. uso das liazóns correcto e con coherencia.

    A ver que ce parece.

    Mónica.

  3. susana di:

    Moi interesantes as vosas aportacións. Cando recollamos máis podemos publicalas nun post resumo.
    Outro aspecto a avaliar podería ser cómo contestan ós comentarios que fan dos seus post ( argumentación) e algún aspecto relacionado co contido no que se avalie as prácticas de valores. Qué indicadores poderiamos utlizar para estas subcompetencias que van desenvolver nos blogues?

Deixa unha resposta