Webquest: A ovella Dolly

farm

As tecnoloxías permítennos desenvolver  estratexias de aprendizae por descubrimiento basada no uso de Internet como as Webquest.

No apartado de recursos de Climántica podedes acadar información sobre esta metodoloxía didáctica e, como exemplo dentro dos contidos de CMC,podemos visitar a   Webquest A Ovella Dolly aloxada en Bioxeo,como un exemplo de boas prácticas.En Aula XXI podedes ver máis exemplos

Insertar unha actividade deste tipo nun blog é moi sinxelo: Unha vez elaboradas as etapas da Webquest ( Introducción, Tarefa, Proceso , Recursos e Avaliación) só temos que engadir imaxes e vínculos ou calquera outra aplicación multimedia que nos interese para comenzar a traballar coas Webquest nos blogues.

Para empezar  polo fácil podedes publicar unha Caza do Tesouro  da que vos mostramos este exemplo que elaboraron os compañeiros do Curso de posgrao Climántica_USC: Competencias básicas e dixital de aprender a aprender que se levou a cabo o ano pasado  con un grupo de docentes  que desenvolvero na primeira edición, a proposta Climaeucambio para  a  asignatura “Proxecto Interdisciplinar” de 1º de ESO.Como exemplo os invitamos a visitar a Miniquest:Na percura dun asesor medioambiental. do IES Praia Barraña , de paso, visitar outros blogues do proxecto.

Esta entrada foi publicada en Didáctica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta