Sherlock Holmes no supermercado

Hoxe vos invitamos a desenvolver unha pescuda sobre un tema polémico: Os alimentos transxénicos.

Os transxénicos son organismos novos creados en laboratorio, cuxas características alteráronse mediante a inserción de xenes doutras especies, o cal achégalles novas características herdables. Os alimentos chamados “transxénicos” son aqueles en cuxa elaboración se utiliza  algún transxénico.
O uso e consumo de transxénicos é un tema en constante debate na comunidade científica. Por unha banda  persoeiros como Werner Aber, premio Nobel de Medicina, eloxia as súas vantaxes na agricultura e outros estudos  rigorosos afirman que a agricultura transxénica non é sostible e  que, ademais poden ter efectos nocivos para a saúde.
A actividade que vos propomos consiste en analizar a cesta dá compra dás vosas casas coa “Guía Vermella e Verde dos Alimentos” de Greenpace que podedes descargar aquí.
Así que xa sabedes, elaborade unha lista cos alimentos transxénicos que atopastes na vosa cesta da compra, e participade  na discusión que vos expomos na categoría “A debate”.

Fontes: GreenpaceBBC

Esta entrada foi publicada en Vivir máis, vivir mellor e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to Sherlock Holmes no supermercado

  1. laxvalu di:

    Creo que deberíamos alimentarnos de productos o máis naturais posibles, xa sei que os transxénicos poden axudar a terminar coa fame no mundo ou a incrementar o tamaño, etc, pero no fondo, non son naturais ó 100% e nunca se sabe se algún alimento pode saír “defectuoso” e causar danos no noso organismo

  2. alba sanchez di:

    penso que os productos tranxenicos non son os produtos mais beneficiosos para a nosa saude. os productos canto mais naturais mellor.

  3. alberto dono di:

    penso que os transxxenicos poden favorecer a sociedade se se investiga mais no tema e non outros intereses polo medio como ppoden ser factores polliticos se todo esto é posible poden axudar a que todos poidamos mellorar. Dende o punto de vista da sauude penso que aberia que investigar mais e que hai estes tipos de interes que xera debate que se poderia evitar

  4. baltasar di:

    Na miña opinión, os alimentos transxénicos son bos, porque poderían erradica-la fame nos paises tercer mundistas. Xa que se cando lles enviamos sementes llelas enviásemos transxénicas non terían problemas cos vermes que lles comen os cultivos e poderían aproveitar o 100% da colleita.

Deixa unha resposta