O tempo pon a cada un no seu lugar

Cando James Lovelock  publicou a hipótese Gaia  en 1969 a comunidade científica rexeitou con vehemencia as súas teorías.  Estudos  climatolóxicos posteriores, confirmaron moitas das súas predicións e hoxe, a idea de considerar a  Terra como un ser vivinte xa no resulta tan desatinada.
Neste post imos acceder ao blog de Punset, un divulgador científico que seguramente coñecedes do programa Redes  da TVE,  a unha entrevista con James Lovelock
A vista do que lestes e axudados por esta presentación, contestade nos comentarios:

  1. En que consiste a hipótese Gaia? Tentade definila nun parágrafo. Que quere dicir Lovelock cando afirma “ É a vida a que nos ofrece esta visión marabillosa e amable do planeta”?
  2. Coincidides con Lovelock en que buscar sempre o beneficio para a humanidade non é unha formulación correcta?, por que?
Esta entrada foi publicada en Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta