Falando Ciencia

En “Mesa Redonda”  publicaremos controversias tecnocientíficas actuais nas que os alumnos e alumnas teñan que tomar  unha decisión complexa. Unha vez formulado  o problema, os estudantes  representarán por equipos o rol  de cada un dos actores da controversia e terán que buscar  informacións e argumentos que lles sirvan para defender  os seus puntos de vista  no  debate que terá  lugar posteriormente nos foros de cada blog de aula.

Nesta ocasión, e como complemento a actividade Sherlock Holmes no supermercado iniciamos un  debate sobre os transxénicos:

“A comida deixou de ser o produto barato de outrora. Os prezos á alza dos alimentos están destinados a empeorar o nivel actual inaceptable de carencia de alimentos de 854 millóns de persoas”, dixo Hafez Ghanem, subdirector xeral da FAO.

“Estamos enfrontándonos ao risco de que o número de persoas que pasan fame aumente en moitos millóns”, afirmou Ghanem.

Esta situación e outros temas relacionados como o cambio climático e o uso de biocombustibles, foron o centro do debate no Cume sobre Seguridade Alimentaria que se desenvolveu os días 3,4 e 5 de xuño en Roma con 50 xefes de Estado.
Para moitos, os alimentos transxénicos poden ser a solución ao fame mundial para outros é unha das causas do seu crecemento. Para profundar un pouco máis neste tema propoñémosvos un debate no foro.
En grupos de tres desempeñaredes un papel determinado. Para coñecer a fondo os personaxes que ides interpretar e argumentar con propiedade ,buscade información na rede, na prensa e en diferentes publicacións da biblioteca do voso centro.
Repartimos os seguintes roles:

Campesiños/as: Campesiño dun latifundio, minifundista e traballadora do campo.
Executivos/as: Broker de bolsa especializado no mercado agrícola, xerente dunha delegación dunha multinacional alimentaria nun país sub- desenvolvido e responsable para a zona de Africa doutra multinacional .
Sindicalistas: Representante sindical dunha comunidade indíxena, delegado sindical dunha cooperativa agraria do primeiro mundo e dunha factoría en América latina.
Investigadores: Científico/a de un laboratorio de patentes de transxénicos internacional, da Comisión Técnica Nacional de Bioseguridad e un médico bolseiro por unha Universidade para realizar un informe sobre os efectos do uso de transxénicos.
Ecoloxistas: Un ecoloxista de Greenpace, un representatnte da ONG Intermón Oxfman e un vogal dun grupo a favor dos dereitos dos pobos indíxenas.
Representante de Organismos Nacionais e Internacionais: Unha funcionaria esponsable do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, un asesor da Autoridade Europea para a Seguridade Alimentaria e un membro da Axencia de Protección do Medio Ambiente.
Outros: Un vogal dunha organización de consumidores, unha consumidora do montón e unha adolescente.

Unha vez asignados os grupos, contestade, en función do voso rol á pregunta:

Son os transxénicos unha solución para afrontar o fame no mundo ou é preferible orientar a agricultura cara a solucións ambiental e socialmente sostibles?

Esta entrada foi publicada en Mesa Redonda e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta