David vence a Goliat

imagen

Como no relato bíblico, a Nanotecnoloxía , o mundo do pequeniño ven a axudarnos no xigantesco problema ó que se enfronta a humanidade: O Cambio Climático.
No plazo dun ano, haberá disponibles cinco tipos de tecnoloxias a nanoescala que se poden aproveitar para reducir as emisións de dióxido de carbono:

  1. Os aeroxeles que virán substituir ós cristais das ventanas e que se poden utilizar para transportar gas licuado.
  2. Células solares plásticas que evitarán os problemas das actuais células de silicio.
  3. Catalizadores para os motores de combustión. Para aforrar combustible e disminuir as emisións de partículas.
  4. Como constituíntes das pilas de combustible
  5. Nanocompostos a base de polímeros que substituirán o aceiro que permitirán fabricar vehículos menos pesados que consumirán menos combustible.

Investigade na rede que outras vantaxes supón o uso de nanomateriais para loitar contra o cambio climático e deixade as vosas propostas nos comentarios. (Lembrade que debedes citar a fonte de información).

Vía: Euroresidentes.

Esta entrada foi publicada en Novos usos, novos materiais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta