2001:Odisea no espazo


Que pasaría se as máquinas deixaran de servirnos  e empezaran a pensar por si mesmas?
No clásico de Kubrick ,“2001: Odisea no espazo”, dánnos algunhas pistas ó respecto.
Temas como a intelixencia artificial, a vida extraterrestre, a evolución do ser  humano  ou as repercusións do avance tecnolóxico na sociedade, aparecen reflectidos no filme e constitúen un material motivador para  exercer como    eixo vertebrador de actividades dixitais nos nosos blogues.

Como recursos para que elaboredes propostas didácticas  nas prácticas do curso de CMC os deixamos estas páxinas:
Páxina monográfica sobre a película
 Animación flash que nos explica a armazón deste clásico do cine (podedes elixir o idioma).
Visitade as páxinas, gozade delas e animádevos a desenvolver unha actividade sinxela para os rapaces. Compartide coa comunidade CMC de Climántica as vosas experiencias deixando o enlace nos comentarios deste post.

Esta entrada foi publicada en A aldea global e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.