A vinganza de Gaia


Imaxe da rexión de Svalbard, onde científicos británicos descubriron chemineas de metano (foto “The independent”)

John Lovelock anunciaba no seu libro “A vinganza de Gaia” que no ano 2050 os polos se derreterían e que cidades como Londres quedarían somerxidas. Unha das razóns nas que baseaba as súas predicións era a presencia de depósitos masivos de metano aloxados nos fondos mariños do Ártico, un gas  que  ten un efecto negativo sobre o quentamento global, 24 veces máis potente que o dióxido de carbono.

Como ven sendo habitual, as profecías de Lovelock foron catalogadas de catastrofistas por unha parte da comunidade científica, sen embargo, hoxe mesmo sae a luz un estudo publicado no xornal The Independent por un grupo de científicos rusos no que afirman ter probas de que toneladas de metano están a subir en forma de burbullas á superficie, no que chaman “chemineas de metano”.

A liberación de metano é unha das consecuencias do desxeo dos polos, pero hai moitas máis.

Que outras consecuencias traerá o derrubamento dos polos sobre a bioloxía mariña, os transportes marítimos, cambios climáticos en  zonas agrícolas, subidas do nivel do mar nas zonas costeiras…? Investigade na rede e deixade as vosas respostas nos comentarios.

Vía: O Mundo: Ciencia e Ecoloxía

Tags:

 

Unha resposta a “A vinganza de Gaia”

  1. Alberto Martinez Villar Dixo:

    Enhorabuena por la excelente iniciativa Susana.

    Hemos añadido tu comentario en Ecoforman a la pagina principal y te hemos añadadido a blogs. Estamos en contacto
    Un abrazo
    Alberto Martinez
    http://ecoforman.blogspot.com