Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Unha materia apaixonante… pero na que convén desenvolver un eixo vertebrador que nos permita acceder dunha forma coherente a tódalas unidades temáticas.

Dende Climántica, invitámosvos a participar no curso de formación do profesorado e a empregar os materiais e propostas didácticas que poñemos á vosa disposición, utilizando o Cambio Climático como eixo principal, para abordar a nova materia.

Aproveitade para deixar nos comentarios propostas de actividades, suxestións, dúbidas e todo o que se vos ocorra.  Serviranos de referencia para a  publicación dun novo blogue guía, dirixido a orientar os vosos proxectos en Ciencias do Mundo Contemporáneo, que estamos a desenvolver e que pronto vos presentaremos dende estas páxinas.

Tags: