Viaxar ilustra

imagen Un dito que seguramente moitos de nós ouvimos de rapaces, e que con isto das viaxes virtuais cobra máis forza. A rede nos permite visitar cada día multitude de páxinas das que quitar ideas para o noso blogue de aula; de tódalas formas, sempre temos sitios preferidos que visitamos con asiduidade, ben porque están relacionados coa temática do noso blogue, ben porque son de amigos ou coñecidos cos que mantemos comunicación.

Para facilitarnos a viaxe as bitácoras nos permiten crear unha colección de enlaces de blogues para atopar máis blogues, normalmente nun lateral da páxina, que chamamos blogroll e que podedes crear facilmente seguindo o titorial.

Como guía para empezar a pensar nos blogues que ides enlazar, podedes ir visitando as ligazóns do Blogue Guía e os blogues en marcha aos que accededes dende a pestana Blogs situada na parte superior central dos blogues de ClimaMozo.

Que outros blogues nos suxerides?

Tags: