O glaciar que non soportou o inverno: Cae o Perito Moreno

 Aínda  en vacacións, dende o Blogue Guía non queremos deixar de comentar unha noticia que aparece nos principais xornais:  O glaciar Perito Moreno estase a derrubar dende principios deste mes na Patagonia.

O feito, habitual cada catro ou cinco anos,  non tería maior relevancia senón fose porque se produce en pleno inverno austral, algo que non ocorría dende 1951 e que,  Carlos Corvalán, director do  Parque Nacional Los Glaciares, explica  como unha consecuencia máis do quentamento global do planeta.

O suceso foi visto por unhas 40 persoas que se atopaban de turismo na zona e  que nos deixaron estas impresionantes imaxes:


O Perito Moreno é unha das múltiples marabillas da Natureza que están a sufrir os efectos do quentamento global, como podedes ler no artigo periodístico que encabeza este post, pero seguro que sabedes de máis casos dos que podedes deixar testemuña nos comentarios.