![]() |
A Consellería de medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible está a ultimar a tramitación dunha orde de aprobación das bases e convocatoria dos Premios a Experiencias Curriculares no Proxecto Climántica 2007-2008.
Ditos premios teñen por obxecto fomentar a aplicación das propostas de Climántica nos centros educativos sostidos con fondos públicos de Galicia e recoñecer o traballo educativo desenvolvido no marco do proxecto.
A efectos exclusivamente informativos, xúntase o borrador en tramitación da devandita orde, sen prexuízo das eventuais modificacións que poidan incluírse no texto definitivo a publicar no Diario Oficial de Galicia con carácter previo á súa entrada en vigor.
Aínda que nestas datas todos andamos moi ocupados, animámosvos a que aproveitedes esta oportunidade porque a maior parte do traballo xa o tendes feito.
Tags: climántica, premios
