O domingo 8 de xuño celebrase en todo o mundo o Día Mundial dos Océanos.
Nada mellor para celebralo nos nosos blogues que dar a coñecer a influencia dos océanos no medio ambiente e no clima.
Dende a páxina Ocean World poderemos atopar información sobre o papel dos océanos no fenómeno El Niño, as glaciacións, sobrepesca, olas icebergs e correntes mariñas, así como obter un mapa dos océanos e actividades para desenvolver nos blogues e nas aulas.
Na sección Océanos de Greenpace atoparemos un montón de recursos para traballar nos blogues o problema da sobrepesca, o impacto ambiental da acuicultura ou concienciar os nosos alumnos sobre o problema da captura de baleas ou focas.
De seguro que se vos ocorren moitas propostas de traballo que nos gustaría que compartirades con nós nos comentarios ou nos foros.
Aquí vos deixamos un vídeo que podedes colgar nos vosos blogues para crear un debate cos rapaces:
Tags: océanos