Bound by Law
Bound by Law é o título dun cómic dispoñible en Internet , debuxado por Keith Aoki (profesor de dereito na Universidade de Oregón).
O tema central do cómic é o copyright e, especialmente, a loita contra os efectos negativos do seu uso indiscriminado.
Dende aquí podedes velo en flash, pero tamén vos permiten descargalo en pdf.
Un bo recurso para debater e desenvolver a competencia dixital e, como non, para as aulas de idioma, ben usándoo en Inglés, ben descargando individualmente cada páxina sen diálogos para poder traducila ó galego ou castelán e distribuíla na rede.

Tags: idiomas