O SÍNDROME DA RA FERVIDA

Grazas a Al Gore e o documental “An inconvenient truth” chegou ao gran público o termo anglosaxón “Boiling Frog”, unha fábula que nos mostra o comportamento dunha ra en auga morna. Se a metemos (non se vos ocorra…) nunha ola con auga fervendo o animaliño saltará para fora, pero se a auga está a temperatura ambiente e imos quentando a pota, sorprendentemente a ra permanecerá nela ata morrer cocida.

Tomando como punto de partida esta parábola, Manuel de Lope escribeu un precioso artigo no xornal “El País” que nos pode servir para crear un debate nos nosos blogues e desenvolver diferentes actividades onde traballar a competencia lingüística e de tratamento da información nos blogues de Climaeucambio.

Animádeos a que lean o artigo e deixen nos comentarios á sentencia desta fábula.

Tags: ,

2 Respostas a “O SÍNDROME DA RA FERVIDA”

  1. carolina vazquez Dixo:

    bueno pois con respecto a noticia publicada da ra fervida parceme algo peculiar pois non sabia eu iso de k se a metes en auga fria e logo vaise aumentando a temperatura espera a que se quede totalmente cocida pero se se mete en auga fervendo sae no momento, por iso pareceme peculiar esta noticia.
    si mais debo despedirme ata outro comentario
    deica logo.

  2. susana Dixo:

    Ola Carolina: O importante desta fábula, como das de Samaniego, é a moralexa. O quentamento global da Terra é un feito, pero como as consecuencias non son inmediatas senon que van mostrándose pouco a pouco, nos pasa como a rá, non tomamos medidas urxentes e dástricas ( como a rá cando salta da pota) senon que nos ímos acomodando co conseguinte perigo de acabar cocidos como a rá.
    De tódalas formas de seguro que a tuá profesora ou profesor explicarache moi ben a moralexa desta fábula.
    Un saúdo