Taboeiro de Denuncia
Este sábado celébrase o Día Europeo dos Parques, co lema “Natureza sen fronteiras”; aproveitando a ocasión podemos traballar nos blogues temas relacionados co efecto de Cambio Climático sobre os espazos naturais protexidos a partir de artigos como o publicado en El País ” 10 Maravillas Naturales amenazadas por el Cambio Climático” ou afondar un pouco máis enlazando este resumo do comunicado de WWF/Adena sobre as ameazas ós que están sometidos debido o Cambio Climático que pode botar a pique tódolos esforzos para conservalos.
Unha idea é animar ós nosos alumnos e alumnas a que publiquen imaxes que deixen patentes os efectos do Cambio Climático sobre os espazos naturais da súa contorna ou unha presentación con Slideshow utilizando imaxes libres relacionadas que atopen na rede.
Xa sabedes : desenvolver a competencia dixital, de comunicación, iniciativa persoal….
Martes 27 de Maio do 2008 ás 7:49 am
Galiza mola moito emoi bonita.Eso e o Courel?