17 de Maio: Día das letras galegas e de Internet
Nos blogues de Climaeucambio estamos de festa. Por unha banda, celebramos o Día das Letras Galegas publicando actividades relacionadas cas nosas letras e pola outra festexamos o Día de Internet difundindo e sensibilizando a poboación sobre o Cambio Climático.
No binomio Internet + Galego as nosas bitácoras teñen moito que dicir: animade aos rapaces a que utilicen os blogues para publicar poesías en galego sobre o Cambio Climático, busquen e enlacen textos dos nosos autores relacionados co clima ou suban as súas presentacións a Slideshare para integralas nos blogues.
E xa que dispoñemos dunha ferramenta socializadora, por que non crear un debate sobre a importancia de Internet nas súas vidas como galegos e como medio de difusión para frear o cambio climático?
Aproveitade a dobre celebración para animalos a publicar e contádenos a experiencia tomando un café connosco na taberna dos foros.
Imaxe: http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/?id_lista=135&lg=gal