Aulablog

imagen

Aulablog é unha Web de e para profesores orientada ó uso da tecnoloxía dixital dentro das aulas, principalmente ós aspectos educativos dos blogues.

Neste portal podemos encontrar recursos, ideas e experiencias para sacarlle o máximo partido aos nosos blogues de Climántica .

Entre os servizos que ofrece destacamos :

A sección “ Planeta Educativo” un verdadeiro superblogue ó que se agregan automaticamente artigos de blogues e sitios Web educativos.

A hemeroteca todo un tesouro de documentos, wikis e enlaces a outros blogues de onde podemos sacar ideas para mellorar as nosas bitácoras.

Dispón tamén dunha boa selección de enlaces e de un listado de blogues educativos en permanente actualización.

En xullo de este ano convoca, conxuntamente co Tinglado, un excelente almacén de actividades TIC, o III Encontro de Edublogues en Santiago de Compostela. A que esperamos para poñer a traballar a pleno rendemento os nosos blogues e mostralos no certame?

Tags: