A Illa das flores

Sen ningunha dúbida, os 12 minutos máis potentes do cine brasileiro. O texto está dirixido en ton irónico por Jorge Furtado a extraterrestres - que descoñecen todo sobre os seres humanos, o seu planeta, os seus sistemas económicos, as súas crenzas, as súas prioridades, o seu concepto de liberdade. No fondo, Jorge Furtado e o equipo (o grupo da Casa de Cinema de Porto Alegre) promoven unha densa reflexión sobre o destino do home pobre, aquel que non conquistou os seus dereitos de cidadán, e por iso disputa o lixo con porcos.” (Maria do Rosário Caetano, Xornal do MEC, Brasília, outubro/1998)

Unha verdadeira clase sobre valores e desenvolvemento sostible con todo o poder das palabras e das imaxes que só o cine pode conseguir.


Probade a inserir este vídeo nos vosos blogues para crear un debate cos rapaces nos comentarios do blogue ou a abrir unha conversa sobre o tema nos foros de Climántica

Tags: ,

 

4 Respostas a “A Illa das flores”

  1. patricia Dixo:

    -A problemática este documental trata sobre a pobreza no mundo.
    -A relaciòn existente è que os desfeitos de Goiana, Brasil, estan contaminados por un elemento radiactivo, o cesio. Por iso moitas persoas estàn enfermas.
    -Nagasaki Chernobil e Hiroshima.

  2. david calviño fariñas 1ºC Dixo:

    -O documental trata sobre o problema da pobreza no mundo, e na forma en que se alimentan as persoas pobres no mundo.
    -A relación existente é que a basura de Goiana, cidade de Brasil, está contaminada por cesio, un elemento radiactivo. Alí as persoas collen os desfeitos da comida nos vertedoiros, e así moitas persoas enferman ou incluso morren.
    -O de Chernobil(URSS, 26 abril de 1986), Hiroshima(6 de agosto de 1945) e Nagasaki (9 de agosto de 1945).

  3. Claudia Calvache Barbosa 1ºC Dixo:

    -O documental trata sobre o problema mundial da pobreza. Tamén reflexa o xeito do que se alimentan as persoas pobres no mundo.
    -A basura de Goiana, cidade de Brasil, está contaminada por cesio, un elemento radiactivo. Alí as persoas collen os desfeitos da comida nos vertedoiros, e así moitas persoas enferman ou incluso morren.
    -O de Chernobil(URSS, 26 abril de 1986), Hiroshima(6 de agosto de 1945) e Nagasaki (9 de agosto de 1945).

  4. Javier Baña Dixo:

    este documental reflite de maneira irónica e repetitiva o problema da xente pobre e do futuro dos mesmos ó comparalos cos porcos cando van buscar algo d comer no lixo. Asi é como contraen enfermidades e morren.

    É este un mundo xusto?