Mirando con outros ollos

Os audiovisuais son un recurso imprescindible na Educación Ambiental. Contemplando unha película ou un documental non só estamos achegando ós nosos alumnos a otras realidades, senon que os facemos partícipe delas.

A través de diferentes actividades podemos crear nos blogs “debates verdadeiros” que os fagan reflexionar e dar os primeiros pasos para comprometerse activamente cos problemas mediambientes pretos e lonxanos.

A rede facilítanos o acceso a películas e vídeos de temática medioambiental como:

Ecolive , Ecologistastv ou Padreratv onde podemos encontrar vídeos sobre Cambio Climático, agua, consumo e educación ecolóxica, entre outros.

Outra páxina interesante é Cuestión Ambiental un canal ambiental arxentino na web onde podemos encontrar documentales, unha revista e diferentes videoclips relacionados con cuestións ambientais.

Desde DocumentalesDivx accedemos a unha videoteca sobre ciencia e mediambiente con documentales subtitulados ó castelán catalogados por temas.

Se o que queremos é traballar con películas para elaborar unidades didácticas nos blogs de Climaeucambio dende a páxina de cine e mediambiente de Enrique Salanova podemos ver algún exemplo que nos sirva de patrón para aplicalas a nosa programación de aula.

De seguro que xa tedes experiencias neste tema. Animádevos a contarnoslas nos comentarios para compartilas ca comunidade bloguera de Climaeucambio.

Fonte: Ecourban

Tags: , ,

 

Unha resposta a “Mirando con outros ollos”

  1. Lorea Fernández Justo Dixo:

    a verdade e que non teño experiencia niso, e gustaríame que algunha vez fixésemo algo así.