Chegou o gran día…
Este ano escolar foi intenso para os e as  docentes que participamos no proxecto Climántica para as Ciencias no Mundo Contemporáneo. Nova lei, nova asignatura, novo proxecto… para algúns a primeira vez que traballabades coas TIC, en definitiva un ano  completiño.
Pero, como  en tódolas  tarefas onde se invirten grandes doses de esforzo e paixón, a recompensa e alta e non temos máis que pensar na xornada de mañán no Palacio de Congresos de Pontevedra: centos de rapaces e rapazas compartindo experiencias en educación ambiental. Unha tarefa de titáns para os e as docentes.
Gracias de novo pola vosa participación, entusiamo, sa ...
Divulgar para conservar
Esta é a mensaxe de WWF do Brasil

Participa no clube Panda!!!
Global Wind Day 2009
Este luns 15 de xuño celébrase o Día Mundial do Vento, evento coordinado pola Asociación Europea da Enerxía Eólica (EWEA, European Wind Energy Association) e o Consello Mundial da Enerxía Eólica (GWEC, Global Wind Energy Council). A campaña constrúese sobre a base dos éxitos do Día Europeo do Vento 2007 e 2008, adquirindo este ano por primeira vez o evento unha dimensión mundial.
O Día Mundial do Vento é unha campaña divulgativa para a promoción da enerxía eólica en todo o mundo. A mensaxe é global: a enerxía eólica é eficaz-enfronta o cambio climático, mellora a dependencia ...
Patrullas Climántica
Unha das experiencias que compartimos na última reunión de profesores  e profesoras  se refería á formación de “Patrullas Climánticas” no IES de Arzúa. Así, un grupo de nenos e nenas ataviados coas camisetas de Climántica, ían recorrendo os corredores do colexio e comprobando que se apagaban as luces, se separaba o papel para reciclar e outros factores que contribúen ó aforro de enerxía. Ás clases cun mellor comportamento ambiental se lles otorgaba unha “medalla” ( creo lembrar que era o noso penguín ).
Esta xenial idea pode servirnos de base para face-lo mesmo nos últi ...
Mirando ó futuro…
Home, a película
Nada máis concreto que unha palabra : Home (fogar) para  titular a espectacular película  de Yann Arthus-Bertrand estreada o 5 de xuño coincidindo con Día Mundial do Medio Ambiente.
O estreo tivo lugar simultáneamente no canal de vídeos YouTube e nas  salas de cine, onde se pode ver a precio de coste. Coincide ademáis coaa aparición de youtube.com/XL, unha versión de Youtube pensada para facilita-la visión de películas.
O longo da viaxe por 54 países e a través de centos de paisaxes aéreos, o film mostra a delicada armoníado planeta Terr, o que destruímos e o que deberiamos conserv ...
O teu Planeta te necesita; Unid@s fronte o Cambio Climático
E tí: Que podes facer?
Grazas por sumarte a nosa campaña nos comentarios.
Esperámoste en www.climantica.org
Climántica no Día Mundial do Medio Ambiente 2009
O venres 5 de Xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente , Climántica  únese ao chamamento de Educadores pola Sostibilidade da Organización de Estados Iberoamericanos para converter esta data nunha xornada de activismo educativo en prol dun Protocolo de Copenhague realmente efectivo.
Visitade a web principal do proxecto para coñecer o noso aporte para este día sinalado e facelo correr pola rede: Nos blogs amigos, na web de centro, nos blogs de aula…. Abride as portas da Comunidade Climántica.
Lembrade : O día 5 quedada nos blogs!!!!!
Climántica no Día Mundial do Medio Ambiente 2009
O venres 5 de Xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente , Climántica  únese ao chamamento de Educadores pola Sostibilidade da Organización de Estados Iberoamericanos para converter esta data nunha xornada de activismo educativo en prol dun Protocolo de Copenhague realmente efectivo.
Visitade a web principal do proxecto para coñecer o noso aporte para este día sinalado e facelo correr pola rede: Nos blogs amigos, na web de centro, nos blogs de aula…. Abride as portas da Comunidade Climántica.
Lembrade : O día 5 quedada nos blogs!!!!!
Día do medio ambiente nos blogs de Climántica: Quedada de cibernautas
Nestes días están aparecendo moitas noticias relacionadas coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente na blogosfera.Hai moitas  formas de cuidar do medio que nos rodea, unha delas a que estamos desenvolvendo tódolos blogfesor@s  e estudantes de Climántica : Educar no respecto e cuidado polo que nos rodea, a mellor forma de palia-los efectos do Cambio Climático.
Hai moitas formas de expresa-la nosa preocupación polo deterioro do planeta,  e o Blogue Guía pode actuar como aglutinador das vosas ideas para esta celebración que,  esperemos, deixe de celebrarse ( o día en que tódolos días se con ...